Seis fórmulas para recortar gastos na túa comunidade de propietarios
Os gastos dunha comunidade de propietarios son proporcionáis o seu tamaño e os servizos que teña contratados. A luz da escaleira, o mantemento do ascensor e a limpeza do portal son os gastos mínimos que haberá que afrontar. Se ademáis o edificio ten calefacción central, porteiro ou un administrador profesional, os gastos crecen considerablemente, e non digamos se dispón de piscina e xardín.
En calquer caso, ó marxen do número de servizos, todas as facturas pódense recortar, aínda que, como é de esperar, cantas máis partidas hay mayor será o aforro que se consiga.
1.- Electricidade: Basta con poñer detectores de presenza nos descansillos e cambiar as bombillas clásicas por led. ¿Sabías que un foco de led consume ata 9 veces menos que un halóxeno e dura moitos máis anos?
2.- Ascensor: Pódese conseguir aforros superiores ó 15% según a empresa coa que se contrate o mantemento. Ademáis, se no edificio existen varios ascensores, unificar as lineas de teléfono de urxencia supón un aforro.
3.- Administrador: Se a túa comunidade é pequena, apenas tes servizos ou no hay empregados contratados, é moito máis barato que un propietario se encargue das xestións de administración. Se se fai necesario un administrador de fincas, hay que elexir ben: debe aportar valor engadido (buscar aforro ou pedir axudas e subvencións antes de acometer unha obra importante, por exemplo) e que os seus honorarios non sexan exagerados.
4.- Reparacións: Se na túa comunidade son habituais ás pequenas reparacións ordinarias, merece a pena ter de man a un ‘manitas’ ou contratar cunha empresa de servizos xerais. As contratas de limpeza acostuman ofrecer tamén este servizo.
5.- Seguro: ¿Por qué seguir pagando por un caro podendo ter un seguro bo e a un bo prezo? Unha póliza pode custar ata un 50% menos que outras coas mesmas coberturas.
6.- Calefacción: A calefacción central lévase un 50% do orzamento comunitario. Ademáis, hay que sumar os gastos de electricidade e mantemento da instalación. Lamentablemente non hay unha gran competencia entre suministradores de combustible pero, aínda así, hay diferenzas de ata un 6% no prezo do gasóleo. Para que te fagas unha idea, se a túa comunidade gasta 50.000 € ó ano en gasóleo, elexindo a un proveedor máis económico pódese aforrar uns 3.000 €